Máis de 1.300 alumnos participaron este ano nas visitas didácticas á TIC

Máis de 1.300 alumnos e preto de cen profesores participaron nas visitas didácticas ás instalacións da Fundación TIC durante o curso 2015-2016. En concreto, 1.374 estudantes de 51 centros de primaria e secundaria de toda a provincia coñeceron o funcionamento dos distintos departamentos dun medio audiovisual e participaron na realización e presentación dos Ticodiarios.

Un grupo de 47 alumnos de 3º de ESO do CPR da Inmaculada de Lugo, acompañados de tres profesores, foron os encargados de pechar esta tempada. Os estudantes coñeceron de primeira man todo o proceso para a realización dun programa de televisión e presentaron un Ticodiario, un informativo que inclúe noticias reais e unha enquisa realizada polos propios alumnos. Ao final da visita, cada un deles levou unha copia do programa.

Os Ticodiarios forman parte do programa de visitas á Fundación. Esta iniciativa ten por obxectivo abrir as portas da TIC á sociedade e achegar o uso das novas tecnoloxías aos máis novos dun xeito lúdico.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com