Un operario foi evacuado esta mañá en Alfoz polos servizos sanitarios ao resultar ferido despois de precipitarse dende unha altura duns catro metros, aproximadamente.
Axentes da Garda Civil, que se achegaron ao lugar tras ser alertados polo 112 Galicia, indicaron ao persoal deste Centro de emerxencias que o home, no momento de producirse o accidente, realizaba traballos de electricidade nun serradoiro, situado no lugar de O Barral, no Concello lucense de Alfoz.
Urxencias Médicas foi quen alertou ao CAE 112 Galicia do acontecido, sobre as 10:30 horas desta mañá. O ferido foi trasladado en ambulancia ao Hospital de Burela.