Dende hoxe e ata o 1 de xullo inclusive permanecerá aberto o prazo para solicitar descontos do 50% na matrícula en 10 titulacións do Campus de Lugo grazas ás becas ofertadas pola Deputación de Lugo, no marco da iniciativa ‘Para estudar, Lugo’.
O 12 de xullo publicaranse as listaxes de admitidos. O proceso culminará coa formalización da matrícula, do 13 ao 15 de xullo, onde se aplicará, directamente, o desconto do 50% no prezo da matrícula.
O ente provincial destina a esta iniciativa uns 120.000 euros cos que agarda financiar máis de 400 bolsas de estudos.