O presidende da Deputación de Lugo, Darío Campos, convocou un pleno extraordinario este xoves ás doce e media para intentar aprobar de xeito definitivo os orzamentos do ente provincial para o ano 2016.
Así o confirmaron fontes do Goberno provincial a Xornal de Lugo. As mesmas fontes non quixeron dar máis datos acerca das negociacións entre o goberno bipartito e o Partido Popular para intentar sacar adiante as contas públicas.
Os orzamentos da Deputación do ano 2016 foron retirados o mes pasado no transcurso da sesión plenaria na que se debatían as alegacións ás contas públicas. O presidente da Deputación entendeu que a aprobación dunha alegación do deputado non adscrito Manuel Martínez conlevaba a retirada inmediata retirada do texto.
Pola súa banda, o Partido Popular presentara daquela no rexistro do ente provincial a petición de convocatoria dun pleno extraordinario co fin de aprobar o texto inicial dos orzamentos coas alegacións dos populares e de Manuel Martínez.