A Garda Civil retira xoguetes con ovos de crustáceos en catro tendas de Lugo

A Garda Civil inmobiliza xoguetes con ovos de crustáceos en catro tendas de Lugo. En total retiráronse ata 43 caixas que se atopaban en venda ao público. Este operativo policial atópase en fase de investigación e análise por se a especie atopada puidera ser a chamada ‘triops longicaudatus’, considerada unha especie invasora.

Segundo informou a Garda Civil, a etiquetaxe destes produtos presenta irregularidades conforme a lei de protección de animais domésticos e salvaxes en cautividade e conforme a lei de patrimonio natural e biodiversidade.

Por este motivo, os xoguetes inmobilizados quedan a disposición da consellería de Medio Ambiente e da de Industria da Xunta, por seren as autoridades competentes na materia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com