Ferido un operario que caeu dun poste de teléfono no concello das Nogais na antiga N-VI, entre As Nogais e Becerreá.
O sinistro tivo lugar este mediodía. Un equipo médico con base en Ourense tivo que desprazarse ao lugar do suceso para atender ao traballador ferido.
Foi un particular o que avisou ao 112 Galicia e, dende o Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia, se informou aos membros do GES de Becerreá e ás forzas da orde.