Na xornada de reflexión os candidatos das diferentes formacións políticas pasaron o día velando armas, uns en familia ou con amigos, outros paseando e todos á espera de que mañá se constitúan as mesas para que os electores comecen a depositar as papeletas que elixirán as/os representantes a Congreso e Senado pola provincia de Lugo.
Faltan 24 horas para que luguesas e lugueses diten o seu veredicto en forma de voto e así saber se os electores cambiaron o sentido do seu sufraxio, ou todo queda como está. Segundo informacións do goberno do estado, será arredor das 22,30 será cando o reconto de votos emitidos arroxará uns resultados case definitivos.
Mentres, durante a xornada, candidatas e candidatos dedicaranse a visitar os distintos colexios electorais da provincia para dar ánimo aos seus, ademais de exercer o seu dereito ao voto.
Así o cabeza de lista ao Congreso, Joaquín García Díez, votará ás 12:00 horas no Politécnico de calle Armando Durán. O seu compañeiro de partido e cabeza de lista ao Senado, José Manuel Barreiro, votará ás 13:00 horas na Unidade de saúde Mental. (Antiga Escola de Enfermería).
A presidenta do Partido Popular de Lugo e alcaldesa de Mondoñedo,, Elena Candia, farao no seu concello e votará ás 11:00 horas no CEIP Álvaro Cunqueiro.
O socialista e candidato do PSdG-PSOE ao Senado Ricardo Varela fará o propio ás 10:00 horas no Edificio Sindical, na Ronda da Muralla.
Ás 11:00 horas votará a candidata do PSdG- PSOE ao Congreso Margarita Pérez Herraiz no Instituto Politécnico.
O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, tamén votará ás 11, pero na Casa da Cultura, na Pontenova, de onde é alcalde.
Pola súa parte, a Alcaldesa de Lugo Lara Méndez, farao unha hora máis tarde, ás 12 no Fogar do Maior, na Praza da Milagrosa.
Mentres, o candidato de En Marea, Miguel Anxo Fernán Vello, que xa votou por correo, visitará ás 12.30h o Colexio Electoral da Delegación de Facenda de Lugo e alí fará declaracións aos medios de comunicación.