O PP gaña as eleccións e o PSOE segue a ter a chave da gobernabilidade

Cunha porcentaxe de sufraxios emitidos discreta, o Partido Popular volveu gañar as eleccións. Pero a noticia de alcance é que o “sorpasso” de Unidos Podemos ao PSOE, tan anunciado, non se produciu.

Aínda que Unidos Podemos non subiu en escanos, malia á contar nestas eleccións co apoio de EU, o resultado da coalición non deixa de ter unha relevancia de grande calado, pois ven confirmar un cambio político de primeira orde: que o bipartidismo asimétrico imperante dende a transición, rematou.

Ademais, estes datos quítalles protagonismo aos nacionalistas vascos e cataláns que quedan con pouca capacidade de manobra para influír na política estatal . Quen si vai concentrar todas as miradas e presións, por ter a chave da gobernabilidade, volverá ser o PSOE, que ten dúas opcións: volver intentar formar un goberno a tres, como xa fixo na pasada lexislatura, ou absterse para  propiciar un goberno dos populares con cidadáns, estes últimos os grandes derrotados destas eleccións.

Así as cousas, como diciamos, os socialistas van sentir o peso e a responsabilidade de que o estado conte ou non cun goberno canto antes. Xa que eles e so eles, teñen a chave para propiciar a conformación do novo goberno.

Tal e como moitos sospeitabamos estes resultados deixan ao estado a nivel político, outra vez, nunha situación moi complicada, na que repetir as eleccións sería a peor opción.

En Lugo non houbo sorpresas, a sorpresa deuse nos anteriores comicios, e mantéñense os mesmos resultados, que nas anteriores xerais.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com