O BNG “revisará” os acordos co PSOE nas institucións tras formalizar a ruptura do bipartito na Deputación

O BNG advirte que “revisará” os acordos asinados co PSOE en institucións como a Deputación da Coruña ou a de Pontevedra logo de que esta mañá os nacionalistas formalizasen a súa saída do goberno da Deputación de Lugo.

O bloque tomou a decisión de romper o pacto de Goberno cos socialistas logo de que PSOE e PP pactasen a aprobación dos orzamentos do ente provincial para 2016 co apoio tamén do deputado non adscrito Manuel Martínez. Para o secretario de organización do BNG, Bieito Lobeira, este feito é un exemplo dunha “gran coalición nauseabunda conformada por unha banda caciquil organizada, que é o Partido Popular, sumado a un tránsfuga ególatra e agora tamén co concurso do partido socialista”. 

Deste xeito, Lobeira avisa de que fará un “seguemento estrito” dos pactos que os nacionalistas asinaron co PSOE en diferentes institucións e que os revisará “con lupa” para valorar o seu nivel de cumprimento.

Esta mañá tanto o até o de agora vicepresidente da Deputación Antonio Veiga como o deputado provincial nacionalista Xosé Ferreiro renunciaban ás súas responsabilidades de Goberno, algo que o presidente da institución, o socialista Darío Campos admite que obrigará a pensar nun novo reparto de áreas no que “aínda non pensou”. 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com