O PP no Concello de Lugo denuncia que uns meses despois das obras de saneamento e urbanización da rúa Monte Adairo nas Gándaras a vía continúa sendo “intransitable”.
O vicevoceiro do Grupo Municipal do PP, Antonio Ameijide, considera “o colmo dos despropósitos” que nesta vía das Gándaras mentres uns veciños “gozan de beirarrúas e un pavimento digno, outros veciños, con vivendas situadas na mesma rúa; carezan de beirarrúas e se vexan obrigados a circular por un tramo con buratos, gravilla solta, sumidoiros levantados e blandóns”.
O concelleiro popular explicou que o treito que quedou mal rematado en Monte Adairo forma parte dun proxecto que o Partido Popular incorporou ao acordo dos remanente de xuño de 2013 asinado co PSOE. A intervención nesta rúa, que se adxudicou hai dous anos, tiña un prazo de execución de tres meses pero, en realidade, estivo máis dun ano en obras.