O Goberno pídelle a Fomento que habilite un paso peonil na estrada de acceso á Rolda Norte

O Goberno local defenderá no Pleno ordinario de mañá unha proposición na que lle demanda ao Ministerio de Fomento que “de modo urxente” achegue unha partida orzamentaria para arranxar os problemas de seguridade viaria da veciñanza e usuarios dos viais de acceso á Rolda Norte, habilitando un sendeiro practicable para os peóns.

Así o anunciou este mércores o voceiro municipal, Miguel Fernández, durante unha visita a un dos accesos desta Rolda, que soporta unha alta densidade de vehículos, debido a que conecta os polígonos do Ceao e As Gándaras, sendo ademais unha das arterias principais de acceso ao Hospital Universitario Lucus Augusti. Fíxoo acompañado de veciños do barrio de Albeiros e da zona norte, facéndose eco das súas sentidas demandas de construír e acondicionar un pequeno sendeiro na marxe dereita do vial de acceso a dita Rolda, dotándoa de iluminación, así como o roce das marxes para a mellora da visibilidade neste vial.

“Queremos que o Ministerio de Fomento adecúe a zona para que os veciños e veciñas poidan usar con seguridade esta vía de comunicación, que é empregada a miúdo por moitos lucenses para ir andando dende os núcleos urbanos ata os diferentes complexos deportivos da zona, a residencia de maiores ou locais de hostalería”, subliñou o voceiro municipal.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com