Un pai e o seu fillo, feridos ao esnafrar o seu coche contra un tráiler na A-6

Dúas persoas resultaron feridas nunha colisión rexistrada esta tarde na Autovía A-6, ao seu paso polo concello do Corgo. Os ocupantes do coche, un pai e o seu fillo menor de idade, puideron saír polo seu propio pé.  O sinistro aconteceu no quilómetro 484, en sentido Lugo. O coche no que circulaban bateu contra un vehículo de transporte especial. O turismo quedou debaixo do tráiler.

Segundo o servizo de emerxencias 112, o sinistro tivo lugar ás 16:30 horas desta tarde. Até o lugar acudiron unha ambulancia de Urxencias Médicas, os Bombeiros de Sarria e á Garda Civil de Tráfico.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com