O Concello impulsa o concurso de fotografía Revelando o Machismo para loitar pola igualdade real

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Benestar Social, Ana González Abelleira, presentou este venres as bases que rexerán unha edición máis do concurso de deseño gráfico contra a violencia de xénero e o VI Certame de fotografía Revelando o machismo, que convoca o Concello para loitar pola igualdade real entre mulleres e homes e para difundir a importancia de acabar coa violencia machista.

Durante o acto de presentación, a concelleira subliñou a importancia destes certames “para premiar as persoas que traballan en prol da igualdade e para sensibilizar á cidadanía neste eido, tan importante para eliminar as condutas machistas e para que a sociedade se reforce en igualdade”.

Nestes concursos poderán concorrer cantos autores e autoras o desexen. No caso do de deseño gráfico, os traballos serán de tamaño e técnica libre, que deberán ser presentados en soporte ríxido que facilite a súa posible exposición. Será requisito indispensable que figure o logotipo do Concello e o logotipo da Casa da Muller. O deseño gañador deste concurso, será o cartel anunciador das actividades do Concello do 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com