Nova edición do certame de pintura rápida ao aire libre

O Concello de Lugo ven de convocar o 16º Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre Cidade de Lugo, que terá lugar o vindeiro domingo, 10 de xullo, e no que poderán participar todos os artistas que así o desexen, presentando unha única obra, que non se poderá asinar ata o momento no que se coñeza o ditame do xurado.

O estilo e a técnica serán libres e a súa temática xirará sobre a cidade de Lugo, tanto o recinto histórico da cidade e a Muralla, como outros lugares como as proximidades do MIHL, a Ponte Vella e os xardíns do paseo do Miño e a súa pasarela peonil. O soporte non superará as medidas de 100×81 centímetros, e presentarase o día do certame das 09:00 ás 11:00 horas na Concellería de Cultura para ser selado. O tempo para presentar as obras rematará ás 17:00 horas e realizarase o control na Praza Maior, onde se coñecerá o ditame do xurado ás 18:00 horas.

O importe total dos premios é de máis de 5.500 euros distribuídos deste xeito, un primeiro premio dotado con 1.500 euros, un segundo con 1.000 e o terceiro, con 800. Ademais hai 6 accésits de 300 euros e un premio especial ao artista local, nacido ou residente en Lugo, de 450 euros. Ademais todos os galardoados recibirán un diploma acreditativo.

As inscricións, que serán gratuítas, realizaranse na Concellería de Cultura o propio día do certame. Para máis información, os interesados poden chamar aos teléfonos 982-29-72-12 ou 982-29-72-16, así como enviar un correo ao enderezo electrónico a cultura@concellodelugo.org

 

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com