O PSdG de Abadín critica o abandono do punto de recollida de plásticos en Moncelos

O voceiro da agrupación socialista de Abadín, Pablo Díaz criticou hoxe o abandono no que se atopa o punto de recollida de plásticos en Moncelos. Asegura que este punto esta cheo de vertidos de aceite, televisións, frigoríficos, bidóns de aceite que se atopan nestes intres abandonados no medio dun prado e sen ningún tipo de control por parte do Concello.

 Díaz anuncia que presentará unha pregunta no vindeiro Pleno para coñecer que accións vai levar adiante o Alcalde para corrixir esta situación. Advirte ademais que esta non debe ser a imaxe que debe amosar o Concello de Abadín. “En Moncelos existe un punto de recollida de plásticos que parece todo o contrario, parece un auténtico vertedoiro contaminando ao medio ambiente”.

 Por iso demándalle ao Rexedor a atallar esta anómala situación “que amosa unha imaxe de Abadín de abandono e de sucidade”. Nese senso empraza a López Rancaño a iniciar unha campaña de concienciación á poboación de como utilizar estes puntos de recollida.

 

 

 

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com