O paro baixa na provincia de Lugo nun 7,21% no mes de xuño

O paro rexistrado baixou na provincia de Lugo en 1.582 persoas durante o mes de xuño. En termos porcentuais, a baixada é dun 7,21%, case punto e medio por cento superior ao descenso medio en toda Galicia, que se situou nun 5,96. Deste xeito, a día de hoxe, na nosa provincia hai rexistradas nas listas do antigo Inem un total de 20.369 persoas.

Por provincias, Lugo é a segunda na que máis baixa o desemprego por termos porcentuais, só por detrás de Ourense.

Se comparamos os datos cos de hai un ano vemos que na provincia de Lugo hai 2.096 desempregados menos que en xuño de 2015.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com