Álvaro Santos asume con “ilusión e responsabilidade” a vicepresidencia da Deputación

Con ilusión e responsabilidade. Así asume Álvaro Santos a súa nova etapa como vicepresidente da Deputación de Lugo. O presidente da institución, Darío Campos, decidía encargarlle a el esta encomenda o pasado venres logo de que a semana pasada o BNG decidise abandonar o Goberno provincial.

Santos agradecíalle ao presidente da institución “a confianza” depositada nel e dicía estar “tranquilo” ante a responsabilidade de asumir, ademais das áreas que xa xestionaba, a de Cooperación cos concellos, da que xa se encargou no pasado mandato.

O novo vicepresidente do ente provincial agarda que as relacións co BNG sexan “tranquilas” pese a saída dos nacionalistas do Goberno e que poidan seguir traballando xuntos de xeito cordial para intentar sacar adiante propostas que beneficien á provincia.

“As reacións van ser tranquilas. Unhas relacións sensatas e constructivas que o único que perseguen é, máis alá das diferencias ideolóxicas, a posta en marcha de iniciativas que favorezan á maior parte da xente e que o Goberno provincial poida sacar adiante proxectos”, subliñou Álvaro Santos que engadiu que non foi unha ruptura de goberno “crispada nin violenta”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com