O Concello de Mondoñedo organiza o VI Curso de Música Interdisciplinar

A Escola de Música ‘O Pallarego’ dependente do Concello de Mondoñedo que do cal é titular Elena Candia, impartirá este verán o VI Curso de Música Interdisciplinar que se levará a cabo do 11 ao 15 de xullo. O edil de Educación, Mocidade e Novas Tecnoloxías, Alberto García e Xulia Nogueira, mestra da escola, presentaron hoxe o cartel destas xornadas.

Alberto García apuntou que “un ano máis levamos a cabo esta actividade que se dirixe a rapaces de catro anos en diante, tanto para os que tocan algún instrumento ou están comezando a facelo, como para aqueles que non se iniciaron no mundo da música pero que teñen interese en descubrilo”. Ademais tamén haberá un apartado de caracterización, decorados e preparación de personaxes para ópera. O curso é totalmente gratuíto para todos os nenos e nenas asistentes” e celebrarase en horario de 10:00 a 11:30 horas, subliñou Garcia.

Concerto de clausura

Como punto e final a esta actividade celebrarase un concerto de clausura o venres 15 de xullo ás 20:30 horas. O concelleiro, Alberto García, explicou que “nesta xornada gozaremos co traballo dos nenos e nenas participantes e os conceptos aprendidos ao longo do taller. Participarán todos os rapaces e as rapazas e interpretarán un conto musical infantil para todo o público”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com