A Deputación adianta o pago do 80% das subvencións a 128 entidades

A Deputación de Lugo adiantará o 80% das axudas previstas no orzamento do ente provincial para 128 asociacións, entidades sen ánimo de lucro e concellos e que ascenden a un total de 1,4 millóns de euros.

Segundo o presidente da institución, Darío Campos, este é un xeito de “contribuír ao desenvolvemento do importante labor que realizan na provincia tecido asociativo, entidades sociais e municipios para potenciar as políticas sociais e impulsar a economía”. Campos salientou ademais que o adianto destas partidas é un exemplo de como a aprobación do orzamento da Deputación comeza xa a repercutir nos cidadáns.

Dos máis de 1,4 millóns de euros, concretamente 589.000 euros, son para impulsar o benestar, a educación, a igualdade ou a integración. Algúns exemplos son as subvencións para Auxilia, Cogami, Raiolas, Síndrome de Down, Aspnais, Alume; así como para a USC ou para os tres conservatorios municipais de música; ademais das axudas para Proxecto Home ou o Secretariado Xitano, entre outras moitas. “En definitiva, o 42% do orzamento total destas subvencións é para impulsar as políticas sociais; e o 58% restante para impulsar a economía a través do deporte, do turismo e da cultura”, explicou o presidente.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com