Un veciño de Cervantes foi evacuado de urxencia por mor dunha intoxicación por monóxido de carbono. Un xerador de enerxía a gasóleo parece ser a orixe da intoxicación que levou ao home ao centro médico. Sucedeu onte, cando estaban a piques de dar as oito da tarde.
O veciño, duns 60 anos de idade, foi localizado inconsciente no interior do seu domicilio, no lugar de Cela, en Cervantes. Ata o lugar desprazáronse os Bombeiros de Sarria, os axentes da Garda Civil e mesmo o helicóptero medicalizado con base en Ourense.