Castiñeira denuncia pagos de 600.000 euros a unha filial de Vendex sen contrato

O PP de Lugo denuncia pagos por valor de 600.000 euros a Sermasa, empresa filial de Vendex, que se ocupa da xestión dos museos municipais e a información turística.

O voceiro dos populares, Jaime Castiñeira considera “inxustificable e inxustificado” que esta empresa, “eixe da Operación Pokemon”, leve “beneficiándose desta situación” dende novembro de 2014, “co agravante de que é a terceira vez que ocorre neste servizo e con esta mesma empresa privada nos últimos anos”.

Nesa liña, Castiñeira detalla que “esta situación totalmente anómala e irregular” se produciu entre xuño de 2010 e marzo de 2012, cando ingresou 280.000 euros; outros 50.000 euros na primavera de 2013; e uns 243.000 euros entre novembro de 2014 e marzo de 2016, último mes que consta abonado. “E, como non, sempre coa advertencia expresa do interventor municipal da necesidade de corrixir e mudar a situación, cos pertinentes reparos de legalidade que sistematicamente levanta a nova alcaldesa, exactamente igual que o facía o seu predecesor”, apunta o popular.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com