Uns 60 cativos aprenden inglés, francés e alemán no verán nas Casas das Linguas do Concello. Trátase dunha programación posta en marcha polo Concello para favorecer a conciliación laboral e familiar e abrir alternativas de lecer aos máis cativos ao longo dos meses estivais. As actividades, que arrincaron o pasado luns, terán lugar ata o 28 de xullo, nunha primeira quenda, e do 1 ao 31 de agosto, nunha segunda quenda, de luns a xoves.
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da língua, Carmen Basadre, mantivo este xoves un encontro cos participantes nas actividades.
Basadre interesouse polas aprendizaxes dos nenos e nenas ao tempo que subliñou a importancia de aprender novos idiomas, e de facelo en idades temperás.