Lugonovo urxe a reordenar as categorías fiscais das terrazas da cidade. O voceiro da formación, Santiago Fernández Rocha asegura que coa normativa vixente “paga o mesmo unha cafetería da Praza Maior que outra de Concepción Arenal ou da rúa do Conde ou de Cidade de Vigo”, xa que actualmente o imposto se cobra en función dos valores catastrais.
Para a formación este feito resulta “pouco proporcional” ao non axustarse á demanda real que teñen ditas terrazas. “Instamos por tanto a reorganizar esa catalogación e a valorar a creación dunha categoría especial, na que se inclúan aqueles entornos, como é por exemplo o Casco Vello, nos que se concentra a maior parte da actividade hostaleira e que, polo tanto, resulta máis rentable polo número de clientes que atende”, subliña Rocha.
Dende a formación sinálase tamén como “pouco respectuoso co patrimonio cultural da cidade” o feito de que a ubicación das mesmas responda exclusivamente a criterios de mobilidade. “Neste intre é a Policía Local quen delimita a extensión das terrazas para prexudicar o menos posible ó tráfico e, aínda que ese é un aspecto fundamental, pensamos que non se poden deixar de lado outro tipo de cuestións como a importancia arquitectónica e histórica que teñen algunhas das nosas rúas”, apunta o voceiro da formación,