Arde un contador eléctrico na fachada do Gadis situado na rúa Adolfo Suárez, en Lugo. O incendio tivo lugar contra a unha da tarde. Foi un particular o que alertou de que saía fume da fachada do edificio.
Segundo o servizo de emerxencias 112, todo indica a que o que orixinou o lume foi un curtocircuito no cadro eléctrico situado na fachada do supermercado.
Até o lugar dos feitos acudiron efectivos de Policía local, Protección Civil e dos Bombeiros de Lugo; que lograron sufocar as lapas.