Un camión cargado con madeira comezou a arder cando circulaba pola A-8, ao paso polo concello lucense de Mondoñedo. O incendio queimou a cabeza tractora do camión e parte do remolque. Ademais, a intensa fumareda provocou que se interrompese o tráfico e se formasen importantes retencións.
Segundo o servizo de emerxencias 112, os Bombeiros de Barreiros desprazáronse até o lugar dos feitos, no quilómetro 536 da da A-8. Finalmente conseguiron sufocar as lapas case dúas horas despois de activarse a alerta, pasadas as cinco da tarde.