O Concello acusa ao PP de “sembrar dúbidas” sobre os servizos para “destruír a cidade”

O voceiro do Goberno municipal de Lugo, Miguel Fernández, acusa ao Partido Popular no Concello de “sembrar dúbidas” sobre os servizos públicos “nun afán de destruír a cidade sen aportar nada positivo para mellorar a gobernanza do concello”.

Resposta así as declaracións que onte realizaba o voceiro dos populares, Jaime Castiñeira, nas que acusaba ao Goberno local de pagar máis de 600.000 euros á empresa Sermasa, filial do Grupo Vendex; investigada na Operación Pokemon, por prestar o servizo de xestión dos museos da cidade sen contrato.

Fernández aclarou que esta situación vén motivada porque os servizos técnicos están traballando nun novo prego de contratación para a adxudicación do servizo, dado que a apertura dos museos durante toda a semana fai que a redacción de dito preto sexa agora “moitísimo máis complexa”.

A este respecto, o voceiro municipal sinalou que “ninguén vai marcar a nosa axenda”, e moito menos, dixo, “coa política do medo que emprega o Partido Popular”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com