Comezou o programa de excursións para os veciños do rural organizado polo Concello

Miguel Fernandez despediu este domingo aos veciños e veciñas da parroquia de Santa Comba, que visitan a Ribeira Sacra e realizan un percorrido en catamarán

 O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, despediu este domingo aos veciños e veciñas da parroquia de Santa Comba, que participan nunha das excursións de verán programadas polo Concello para a zona rural.

 Nesta primeira excursión os participantes visitan a Ribeira Sacra e realizan un percorrido en catamarán. A saída desta viaxe foidende o campo da festa desta parroquia ás 9:00 horas e o regreso está previsto, aproximadamente, para as 20:30 horas ao mesmo punto de saída.

 Esta é unha das excursións por Galicia, que organiza a entidade local durante os meses de verán, tanto na zona rural como na cidade, dentro da programación de animación sociocultural.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com