Distintas culturas danse cita este venres no II Festival Internacional Mural Folk

O Auditorio Municipal Gustavo Freire acollerá o vindeiro venres, 15 de xullo, a segunda edición do Festival Internacional Mural Folk, que terá lugar ás 20:30 horas. O Concello  de Lugo presentaba esta mañá este evento que a concelleira de Cultura, Carmen Basadre, definiu como “multicultural e multicor”, dirixido a todos os públicos e a todas as idades.

Todos os interesados en asistir a este festival no que actuarán os grupos Cántigas e Frores e Sol Argentino e o cantautor Walter Cesar, de Uruguay, poden facelo por 5 euros ese mesmo día no propio auditorio. Os colectivos que queiran comprar as entradas de xeito anticipado deberán poñerse en contacto coa Asociación Cultural Mural Folk ou coa asociación Rioplatenses, e poderán adquirila por un prezo de 4 euros.

Durante a presentación, Basadre destacou que este festival, é máis que un certame de música folk, senón que é unha mostra de diversidade cultural e solidariedade, que se reflexa en que o 20% da redacación irá a parar ao Banco de Alimentos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com