O Concello instalará un novo sistema de lectura de contadores de auga

O Concello de Lugo implementará un novo sistema de lectura de contadores de auga. Así o deu a coñecer este luns o Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, quen subliñou que o Goberno local contratará o servizo de implantación, asistencia técnica, mantemento e xestión do sistema de lectura de contadores de Lugo por un importe de 20.500 euros.

O novo sistema inclúe tarefas relacionadas coa preparación e descarga das rutas de lectura, co obxectivo de renovar os equipos actuais existentes, así como de modernizar o servizo cunha plataforma e aplicación informática que integre tanto os traballos de xestión como lectura. Segundo o concelleiro, a necesidade de contratar dito servizo débese á que a entidade local non posúe equipos propios de medición.

“Grazas a este novo sistema de lectura modernizaremos o control do consumo de auga, mellorando a xestión e a calidade do servizo para os lugueses, pois aportará datos á central dende os diferentes puntos do municipio, permitindo contemplar os datos in situ por contador, aboado ou rúa, entre outros”, subliñou o edil.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com