Uns 177 condutores deron positivo por consumo de alcol e drogas nos controis instalados polo Sector de Trático de Galicia durante o festival Resurrection Fest en Viveiro.
En total instaláronse ata 72 controis en estradas próximos ao concello da Mariña entre os días 6 e 11 de xullo. Dos preto de 5.300 controis realizados, 137 deron positivo por consumo de drogas e 40 por consumo de alcol. Ademais, outras dúas persoas pasaron a disposición xudicial en calidade de investigados como supostos autores de senllos delitos contra a seguridade viaria, un deles por non contar co permiso de conducir.
No que respecta aos controis de velocidade, detectáronse un total de 667 vehículos que circulaban sobrepasando os límites permitidos. En total foron supervisados uns 7.000 vehículos.
Ademais destas actuacións, os axentes da Garda Civil indentificaron a dúas persoas por roubaren teléfonos móbiles e sinais de tráfico do Concello de Viveiro. Este último foi posto a disposición da Policía Local da localidade.