Lugonovo reclama unha nova parada de bus nas Gándaras

Lugonovo reclama unha nova parada de bus no barrio das Gándaras. A formación denuncia o “perigo” ao que e están sometidos os veciños que viven na outra marxe da Rolda Norte, xa que deben cruzar a estrada para acceder á única marquesiña, ubicada diante da residencia de anciáns.

“Non é concibible que para usar o transporte público estes veciños teñan que cruzara pé polas rotondas expoñéndose ó risco de ser atropelados, atravesando unha estrada pola que se circula a 70 kilómetros por hora. Por iso solicitámoslle a alcaldía que sexa consciente do perigo que asumen diariamente estes usuarios e incremente as dotacións neste punto antes de que teñamos que lamentar algún accidente”, subliña o voceiro da formación, Santiago Fernández Rocha.

Lugonovo denuncia ademais que o tramo da caldaza das Gándaras e da rúa do Peto “carece de delimitación das beiravías para transitar de xeito seguro”, motivo polo que instan aos responsables de tráfico a tomaren medidas para reducir a afluencia e vehículos.

“Os residentes das Gándaras seguen sendo hoxe veciños de segunda para o Concello de Lugo. Demóstrao o feito de que pouco ou nada avanzara o goberno local nos compromisos que asumiu para urbanizar e dotar este barrio das infraestruturas que precisa”, conclúe Fernández Rocha.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com