O Concello mellorará o saneamento na rúa Ramón Montenegro

O Concello mellorará o saneamento na rúa Ramón Montenegro para eliminar as filtracións de augas fecais nas escalinatas que van dar á rúa Fontiñas. As obras previsiblemente comezarán a vindeira semana.

Os traballos contarán cun orzamento duns 1.600 euros e consistirán en facer unha nova arqueta para desviar a auga cara a rúa Primavera, deixando sen servizo as arquetas e os colectores que se atopan onda as escaleiras, que son os que xeran os problemas das filtracións.

Segundo o Concello, esta intervención, ademais de garantir as boas condicións do servizo de saneamento, “contribúe a un menor impacto medio ambiental na zona, ao tempo que se da resposta a demandas veciñais”. 

Unha vez feita esta nova conexión, segundo o concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, procederase ao arranxo da arqueta das escaleiras, posto que se detectaron varias roturas que son as que filtran as aguas fecais. Ademais, traballarase no vaciado destas augas acumuladas no pozo.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com