O 31% dos traballadores da provincia cobran menos do salario mínimo

O 31% dos asalariados da provincia cobran menos do salario mínimo. Así se tira dunha análise socioeconómica realizada polo sindicato CIG na que analizan o impacto da crise económica na provincia de Lugo, comparando distintos indicadores dende o ano 2008 e até o ano 2015.

Segundo este estudo, hai 24.000 ocupados menos dende o inicio da crise, polo que en termos porcentuais se perdeu un 13,6% da ocupación da provincia. Dos empregos destruídos, a meirande parte deles foron no sector primario.

Ademais, o emprego creado foi emprego de baixa calidade. Baixaron un 12% os empregos a tempo completo e aumentaron nun 11% os empregos a tempo parcial. No referente aos salarios, descenderon un 3,1% dende 2008 e o 18,5% das persoas non gañaron nin 1.900 euros ao ano.

O informe atende ademais a outros aspectos. Chaman atención acerca de que dende o ano 2010 se reduciron o número de persoas activas menores de 35 anos nun 18%, o que reflicte o aumento da emigración entre os mozos e mozas. Sobre a perda de poboación, alerta de que Lugo perdeu un 4,5% dos seus habitantes e que o 28,6% dos lugueses teñen máis de 65 anos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com