Esquerda Nacionalista apoia a Beiras

Esquerda Nacionalista o partido do que fora presidente Xosé Manuel Beiras, ven emitir un comunicado, en apoio do hoxe líder de Anova que reproducimos a continuación:

Manifesto da militancia de Esquerda Nacionalista

Os homes e mulleres de Esquerda Nacionalista, logo dunha análise       pormenorizada da situación política actual, manifestan:

  1. Nas vindeiras eleccións ao Parlamento Galego, o País precisa dunha ferramenta política de seu, que aglutine o maior número de vontades na defensa dos intereses sociais, económicos e políticos propios.
  2. Neste sentido, dende as nosas máis profundas conviccións nacionalistas, entendemos que o momento histórico que vivimos esixe de xenerosidade para acadar o maior consenso posíbel arredor dunha alternativa política: ampla, plural, e que teña sempre a Galiza como norte.
  3. Por todo isto, consideramos que é o momento da unidade de acción e que nesta altura só existe un formato suficientemente integrador que se concreta na estrutura aberta das Mareas, onde ademais sobresae a figura incontestábel de Xosé Manuel Beiras, líder indiscutíbel do nacionalismo galego, e referente ético e moral para unha sociedade que procura a xustiza social e a defensa do noso ser diferenciado.
  4. En consecuencia co anteriormente exposto, declaramos pois a nosa intención de entrar a formar parte de esta iniciativa ao tempo que convidamos á Galiza silente, aos homes e mulleres de este país que como nós senten a necesidade de contar con ferramentas propias, a que se sumen a esta iniciativa, a de construír un mellor lugar, un mellor país.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com