Aparece morto un percebeiro na costa de Xove

Aparece morto un percebeiro na costa de Xove despois de caer ao mar. O corpo da vítima foi rescatado polo helicóptero Pesca 2. En concreto, os feitos producíronse na zona dos Netos, en Punta Roncadoira. O home estaba a traballar canda varios compañeiros.

Foi un deles o que chamou ao 112 Galicia ás 17:00 horas de hoxe para alertar do acontecido. O persoal do CAE 112 Galicia púxoo en comunicación con Salvamento Marítimo, que decidiu mobilizar o Pesca 2 para rescatar o cadáver.

O 112 Galicia alertou ademais ao Servizo de Gardacostas de Galicia, a Urxencias Médicas, ao GES de Cervo, a Protección Civil e á Garda Civil. No operativo tamén participaron a Salvamar Alioth e outras embarcacións, como unha zodiac do GES.

Os efectivos sanitarios, pola súa banda, desprazáronse ás proximidades da Punta Roncadoira cunha ambulancia, por se fose precisa nalgún momento. Segundo lle foi indicado ao 112 Galicia, o helicóptero trasladou o corpo sen vida do home ao Hospital da Costa, en Burela.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com