O BNG no Concello de Lugo presentou un rogo á comisión de Infraestruturas para pedirlle ao Goberno local que repoña os antigos aparcadoiros de bicicletas cos que contaba o Concello.
“A día de hoxe a xente que se achega ao centro en bicicleta ten que deixar a bicicleta nunha árbore ou nunha farola e o mesmo acontece co importante número de persoas que fan o camiño primitivo; ao chegar ao albergue da rúa das Nóreas xa non pode deixala no antigo aparcadoiro”, sinalou o voceiro do BNG, Rubén Arroxo.
Dende as filas nacionalistas lembraron que nos orzamentos hai unha partida destinada a converter Lugo en “zona 30” algo moi sinxelo de executar e que sería a base para permitir o uso seguro da bicicleta. Ante isio, o propio Arroxo manifestaba que “se o goberno non é quen de cumprir cos acordos plenarios sinxelos e para os que hai orzamentos, dificilmente vai poder levar a cabo proxectos medianamente complexos para Lugo”.