O escritor lucense Basilio Losada recibirá este ano a Medalla de Ouro de Galicia, que cada ano outorga a Xunta a personalidades ou colectivos que considera un exemplo a seguir na súa a actividade profesional
Losada, nacido no ano 1939 na Pobra de San Xiao, no concello lucense de Láncara, é un tradutor e crítico literario, catedrático ademais da Universidade de Barcelona. Emigrante en Cataluña dende cativo é unha das figuras máis senlleiras da cultura galega do noso tempo, cunha produción polifacética que vai dende a investigación á crítica literaria, pasando pola tradución e a creación.
Traduciu máis de 150 libros, recibiu o Premio Nacional de Traducion en 1991 e en marzo de 2015 foi nomeado académico de honra pola Real Academia Galega.
O acto de entrega das Medallas de Ouro de Galicia terá lugar o vindeiro 24 de xullo. Canda Losada serán premiados o arquitecto Manuel Gallego Jorreto, o pintor e escultor Francisco Leiro e a banda Los Suaves.