O Concello reparará a rede de saneamento da rúa Armanyá

O Concello reparará a rede de saneamento da rúa Armanyá, que dá servizo a un cento de veciños. Trátase dunha actuación encamiñada a garantir as boas condicións dun servizo público como é o saneamento, ao mesmo tempo que se responde a distintas peticións dos veciños e veciñas desta zona.

Con estes traballos, que previsiblemente comezarán a finais deste mesmo mes e que contan cun orzamento de 31.500 euros, “o Concello quere acabar coas filtracións que se producen nesta rúa, e que ademais afectan a algún dos edificios”, subliñou o concelleiro de infraestruturas urbanas, Manuel Núñez.

Núñez anunciou que será necesario levantar o pavimento para acometer a óptima reparación da rede de saneamento. Con estas obras, a entidade local tamén aproveitará para reubicar un cadro eléctrico situado nesta mesma rúa.

Novas relacionadas

  1. Xabier Rodríguez
    Xul 14, 2016 - 05:01 PM

    Pois a foto é da escalinata que vai a Fontiñas

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com