Vilalba Aberta pedirá unha rúa para Agustín Fernández Paz

Vilalba Aberta pedirá que se lle dea o nome dunha rúa do concello ao escritor recentemente falecido, Agustín Fernández Paz. A formación cre que “o máis acaído” sería retirar do rueiro vilalbés o nome da rúa Nevado de Bouza, apelido dun dos militares que se ergueron en 1936 contra a segunda República, para poñerlle a esta vía o nome do escritor.

“É unha boa ocasión para trocar o nome desa rúa e, en cumprimento da Lei de Memoria histórica, retirarlle o recoñecemento público a unha persoa cuxa conduta foi un exemplo de todo o contrario da democracia que queremos honrar e afortalar, e, de paso, lembrar para sempre a un vilalbés que foi, antes que nada, un exemplo de dignidade”, subliñan desde Vilalba Aberta.

Para a formación, Agustín Fernández Paz “é sen dúbida merecedor de que unha rúa da nosa vila leve o seu nome pola súa importantísima obra literaria, polo seu traballo renovador no eido pedagóxico , pola súa loita a prol do idioma galego e polo seu demostrado amor a Vilalba”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com