As Anpas asumirán a xestión dos comedores escolares até finais de ano

As Asociacións de Nais e Pais dos colexios onde o servizo de comedores escolares viña sendo de titularidade pública asumirán a xestión do servizo até finais de ano a través dun contrato coa empresa suministradora.

Así se acordou esta tarde nunha xuntanza mantida entre representantes das Anpas e do Concello de Lugo. O concelleiro de Educación, Manuel Núñez lembrou que persoal técnico municipal e da Consellería de Educación traballan co obxectivo de asinar un convenio para prestar o servizo dende o vindeiro 1 de xaneiro de 2017, que asumirá o Concello de Lugo.

“En todo caso mantemos un proceso de negociación ata primeiros de agosto para acordar conxuntamente coas ANPAS o modelo de xestión máis axeitado ás necesidades das familias”, subliñou o concelleiro.

A polémica en torno a este servizo xurdiu hai uns meses cando o grupo de ACE-Esquerda Unida denunciou que a empresa que prestaba o servizo de comedores escolares onde este era de titularidade pública facíao sen contrato nin convenio en vigor coa entidade local.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com