A Plataforma Sarriana polo Río denuncia que o Camiño Francés leva 26 meses cortado

Os membros da Plataforma, para chamar a atención das administración e dos organismos que teñen como fin velar polo camiño, veñen de iniciar unha acción reivindicativa aproveitando a I Feira Irmandiña de Sarria que se celebra esta fin de semana, adornando o casco histórico da vila con 150 brasóns azuis. “Algunha xente verá neles unhas sinxelas paxarelas brancas colgadas de balcóns e farois pero non é así. Son as cores da bandeira de Sarria e son as cores da Plataforma Sarriana polo Río, pero non só. Esta cor azul quere tamén evocar, dalgún xeito, o Escudo Azul que se usa para identificar os bens culturais en perigo protexidos pola Convención da Haya de 1954. Este emblema tamén deu nome ao Comité internacional do Escudo Azul (ICBS) que traballa para protexer o patrimonio cultural mundial ameazado. Queremos deste xeito chamar a atención sobre os perigos que ameazan o noso patrimonio histórico e cultural”, declaran nun comunicado.

A ponte unha das infraestruturas mandadas facer para que os peregrinos puideran facer o camino, na Idade Media, nas mellores condicións posibles, leva sen uso vinte e seis meses, xerando unha situación inédita nun ben Patrimonio da Humanidade, “esa ponte cuxa orixe remóntanse a 1.000 anos atrás (referenciada no ano 1022) e que se atopa en inminente perigo de destrución, non por conflictos bélicos nin por catástrofes naturais, senón pola acción do home, concretamente polas administracións –Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e Concello de Sarria basicamente- e co beneplácito e a inacción da D.X. de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia e incluso do Instituto do Patrimonio Cultural do Ministerio de Cultura”, continua o comunicado.

Esta ponte, xunto coas de Furelos, Leboreiro, Áspera e Veiga de Reiriz, é unha das cinco de orixe medieval que existen no Camiño Francés en Galicia. Cada ano preto de 200.000 peregrinos dos cinco continentes percorren o camiño e non é de recibo que os camiñantes teñan que apartase da ruta oficial por mor da situación en que se atopa a Ponte Ribeira.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com