Detido un veciño de Sarria como presunto autor de varios furtos na zona

A Garda Civil detivo na localidade de Samos a un veciño de Sarria de 30 anos por participar supostamente en tres delitos de roubo con forza en vivendas e almacéns. Se lle imputan un delito e unha falta por furto.

Os axentes do Instituto Armado procederon á súa detención despois de localizar nun alpendre oculto no monte varios obxectos roubados que poderían ter relación con varios furtos denunciados na zona. O prendido xa pasou a disposición xudicial.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com