O PP no Concello de Lugo denuncia novos casos de entrega de cheques sen fondos para axudas de emerxencia social, algo que atribúen á “despreocupación e falta de sensibilidade do Goberno municipal”.
A concelleira popular Mari Teijeiro repróchalle aos socialistas que “de novo, hai lucenses que se están atopando con que, ó iren cobrar estes documentos, as entidades bancarias non lles poden facilitar os cartos”, algo que se agrava tendo en conta que se trata de “axudas urxentes que non poden agardar nin depender das disfuncionalidades dun Goberno local que non se preocupa en absoluto polos veciños”.
Teijeiro denuncia algún caso talóns extendidos a finais de xuño que os interesados non puideron cobrar até fai dous días, “medio mes despois”, denunciou a concelleira. Os populares inciden en que o Goberno local mesmo está provocando que a algún veciño “poidan chegar a cortarlle a luz ou outro tipo de suministro por impagos que os interesados pretenden asumir con este tipo de axudas”.