Lugonovo pide “seriedade” á hora de adxudicar a seguridade nos centros sociais

Lugonovo pídelle ó equipo de goberno “seriedade e visión a longo prazo” á hora de outorgar o contrato de vixilancia nos centros sociais. Neste sentido, a formación pide descartar de xeito inmediato a aquelas empresas sobre as que pesan sentenzas condenatorias por incumprir os acordos laborais asinados con esta e o utras institucións.

“Temos constancia de que varias compañías teñen cuestións xudiciais pendentes que nos fan dubidar moito da súa honestidade na xestión dos servizos ós que aspiran. Non se lles pode prohibir a súa concurrencia pero sí se lles pode poñer veto ás súas pretensións de acadar concesións locais para logo non respectar o acordado nin coa administración nin cos traballadores. Por iso solicitámoslle ó executivo que o teña en conta e pense na viabilidade do convenio antes de escoller á beneficiaria. Guiarse só por criterios fundamentalmente económicos pode levar á crónica dunha morte anunciada”, subliña o voceiro de Lugonovo Santiago Fernández Rocha.

Neste senso, a formación reclama tamén a entrada en vigor urxente do marco de principios reitores que debe rexer calquera tipo de contrato público, segundo o subscrito unanimemente pola Corporación no mes de novembro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com