O BNG propón instalar unha zona de xogo infantil na Praza de Ferrol

O BNG  presentará unha proposta no vindeiro pleno da corporación para a instalación dunha zona de xogo infantil na praza de Ferrol. A edil nacionalista Maite Ferreiro lembrou que “no centro da cidade hai unha carencia real destas instalacións para o ocio de nenas e nenos”. Ferreiro explicou que “as poucas instalacións que hai son “insufiencientes” e moitas veces as nenas e nenos “teñen que gardar colas para subir aos xogos””.

Para o BNG –a instalación dunha zona de xogo infantil na praza do Ferrol é unha opción ““totalmente asumible” polo concello” xa que “se trata dun “pequeno investimento que melloraría e humanizaría máis esta zona da cidade””. Maite Ferreiro sinalou que a zona xa ten espazos de sombra e mobiliario urbán. “Ademais a instalación de xogos para uso infantil “melloraría a calidade do tempo que utilizan esta zona as nenas e nenos dos colexos existentes nas proximidades””, afirmou a edil nacionalista.

Segundo os nacionalistas cómpre ademais”converter a praza do Ferrol en zona de tráfico calmado con autorización de entrada unicamente para residentes e usuarios do centro médico que teñan que acceder co vehículo ata a entrada do centro sanitario””.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com