A Asociación Nacional de Ciliopatías levará o próximo 15 de setembro ao Hospital Lucus Augusti a súa “Xira divulgativa solidaria” que consistirá nun programa de información e divulgación sobre as enfermidades consideradas ultra raras.
Esta mañá tiña lugar a presentación desta iniciativa nos xardíns do Pazo de San Marcos, na Deputación ed Lugo. O Vicepresidente do ente provincial, Álvaro Santos avanzou que a Deputación colaborará cunha achega de 2.000 euros para financiar parte das actividades da xira, así como coa Fundación TIC, que gravou un anuncio promocional e fará reportaxes para difundir o evento en redes. Ademais, gravarán o Sound Dance Festival Solidario “Bailemos todos”, que terá lugar no Auditorio Municipal Gustavo Freire.
No evento tamén colabora o Concello de Lugo. A alcaldesa Lara Méndez agradeceulle á Asociación Nacional de Ciliopatías a posta en marcha desta Xira Solidaria que busca concienciar sobre as enfermidades raras “porque é moi importante visualizar esta problemática, poñerlle cara e voz, xa que desgraciadamente o que non se ve non existe”.