Maxia, música en un documental, actividades do Cultura Aberta desta semana

Maxia, música e un documental son algunhas das actividades da terceira semana do programa Cultura Aberta da Deputación, unha iniciativa posta en marcha o pasado 5 de xullo coa que o organismo provincial ofrece máis de 30 actividades lúdicas e culturais, completamente gratuítas para os participantes. Todas elas se celebrarán na explanada do INLUDES, ao carón da Capela de Santa María. 

Hoxe ás nove e media terá lugar a proxección do documental Cantando a Manuel María, no que se fará un percorrido polas facetas máis interesantes da súa vida coa axuda da destemuña de familiares amigos e especialistas. O documental repara fundamentalmente na paisaxe da súa vida natal, Outeiro de Rei, e tamén no resto da Terra Cha.

Mañá ás seis e media terá lugar o espectáculo de Paco Nogueiras ‘Brinca Vai!’, no que o actor, acompañado dos seus instrumentos realizará unha viaxe chea de humor, bailes e cancións. Ademais, o xoves as nove terá lugar a actuación do grupo Fonxola, unha banda asturgalaica de swing, twist, fox trop, blues, rock primigenio, cha cha cha, con matices locais como o uso do galego-asturiano nas súas letras.

Para rematar a actividades desta semana, o venres ás nove os ilusionistas Martín Camiña e Fani Triana, e o baixista Álvaro Muras, presentan o espectáculo ‘Transformando o presente’, no que se desenvolve a arte da mutación a través do ilusionismo, a música e aactualidade social.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com