O BNG rexeita o nome de ‘Gómez Besteiro’ para o campo de fútbol da Fonsagrada

O BNG da Fonsagrada amosou o seu malestar e o seu rexeitamento pola decisión do Goberno Municipal do PSOE, de poñerlle ao Campo de Fútbol o nome de “Gómez Besteiro” para, segundo o alcalde, “amosar noso agradecemento ao apoio que nos prestou José Ramón Gómez Besteiro, na súa etapa como presidente da entidade provincial”.

Segundo os nacioonalistas este campo de fútbol se construíu totalmente con fondos públicos, “polo que o señor Besteiro, máis aló de atender unha das moitas necesidades que ten o concello da Fonsagrada, non fixo nada especial para merecer esta distinción”. Unha distinción que chega ademais, para os nacionalistas, “nun momento político delicado para Gómez Besteiro, dimitido de todas as súas responsabilidades políticas e sendo investigado pola súa xestión no goberno do concello de Lugo e, indirectamente, no goberno da Deputación”.

Para o BNG da Fonsagrada esta decisión, ademais de “impropia e inxustificada”, significa un uso partidista e descarado dos recursos públicos por parte do PSOE.  A este respecto, os nacionalistas propoñen que as instalacións leven o nome do lugar onde se construíu “Coto da Pedreira”, o de “Campo de Fútbol da Fonsagrada”, o nome de algunha persoa do noso concello significada pola súa labor deportiva ou social, ou calquera outro que tivera que ver coa nosa historia e a nosa veciñanza. “Sería moito máis acaído para identificar e espallar o nome do concello da Fonsagrada”, manteñen.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com