Extinguido o incendio en San Clodio no que resultaron feridos cinco operarios

Hoxe ás seis da tarde quedaba extinguido o incendio declarado no concello de Ribas de Sil, na parroquia de San Clodio, no que onte á tarde resultaron feridos cinco operarios, un deles de gravidade.

Dito operario, condutor dunha motobomba, continúa ingresado no Hospital da Coruña en estado grave con queimaduras en máis do 25 do seu corpo. Os outros catro traballadores que tamén sufriron queimaduras xa foron dados de alta.

Segundo as estimacións provisionais realizadas pola Xunta, a superficie afectada polo incendio foi de 18 hectáreas, das cales 12,6 corresponden a monte arborado e as 5,4 restantes a raso. Nos traballos de extinción participaron 2 técnicos, 6 axentes, 15 brigadas, 7 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 2 avións.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com