O Concello nomea a Ana Sáez directora de Recursos Humanos

O Goberno local vén de nomear a Ana Sáez Mancebo, até o de agora asesora xurídica do Concello, como nova directora xeral de Recursos Humanos. Entre os cometidos desta nova figura, aprobada en pleno no mes de xuño, están os de traballar para a creación dunha nova Relación de Postos de Traballo actualizada, redimensionar o actual cadro de persoal, acometer os procesos de funcionarización ou implantar un sistema de control horario.

Este nomeamento vén acompañado de polémica xa que o sindicato CSIF denunciou a semana pasada a esta traballadora, á actual alcaldesa de Lugo, Lara Méndez e ao ex alcalde, José López Orozco. O sindicato entende que os dous rexedores cometeron senllos delitos de prevaricación e malversación por manter no posto de letrada asesora a Sáez en réxime de comisión de servizos cando, din, existían sentenzas que anulaban este nomeamento.

O CSIF considera ademais que Ana Sáez cometeu un delito de enriquecemento ilícito, xa que en dito posto cobraba un complemento salarial moi superior ao que lle correspondería como funcionaria.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com